Actualidad

 
RESI TILOS VISITA GRUPO MUSICAL

O GRUPO SILVAVERDE DELEITA Á RESIDENCIA SERVISENIOR SANTIAGO CA SÚA MÚSICA

Nestas datas recibimos a visita dun grupo de música tradicional, Grupo Silvaverde, que nos deleitou cun repertorio musical que nos fixo recordar tempos pasados.

RESI TILOS PREPARATIVOS NADAL

NA RESIDENCIA SERVISENIOR SANTIAGO PREPARÁMONOS PARA RECIBIR O NADAL

Para a chegada do Nadal, no centro de Servisenior Santiago os nosos usuarios e usuarias estiveron realizando talleres de decoración navideña para decorar o noso centro; talleres de coidado persoal para estar aínda máis guapos nestas datas; estimulación congnitiva e ocio en grupo.

RESI VILAGARCIA NADAL

NO FOGAR RESIDENCIAL SERVISENIOR DE VILAGARCIA XA TEMOS TODO PREPARADO PARA A CHEGADA DO NADAL

Esta semana os usuarios e usuarias do Fogar Residencial de Vilagarcía puxeron todo o seu empeño en ter o centro ben bonito para recibir o Nadal.

Elaboraron os adornos para despois distribuír polo centro e prepararon o árbore de Nadal con toda a súa ¡lusión para dentro de pouco desfrutar en agradable compañía estas festas!!

SERVISENIOR DE ORDES CELEBRA A CHEGADA DO OUTONO

A RESIDENCIA SERVISENIOR DE ORDES CELEBRA A CHEGADA DO OUTONO

Durante esta tempada na Residencia Servisenior de Ordes os usuarios/as estiveron a realizar diversas actividades relacionadas co outono.