A RESIDENCIA SERVISENIOR DE ORDES CELEBRA A CHEGADA DO OUTONO

SERVISENIOR DE ORDES CELEBRA A CHEGADA DO OUTONO

Durante esta tempada na Residencia Servisenior de Ordes os usuarios/as estiveron a realizar diversas actividades relacionadas co outono.

Foron moitas e diversas as actividades elaboradas no noso centro dende que iniciamos esta estación.

Unha das primeiras actividades realizadas polos usuarios/as da residencia foi a creación dun boneco realizado con espigas de millo tras o seu desfolle manual.

Outra das actividades realizadas consistiu na decoración dunha castaña con follas. As mesmas foron recollidas da caída propia desta época, pintámolas e logo recortámolas para decorar o noso mural.

Para Sanmaín vaciamos cabazas e decorámolas cos rostros máis tenebrosos. De igual xeito, para crear un entorno sombrío tamén elaboramos esqueletos con bastoncillos e fantasmas con vasos de plástico.